Á hora de preparar os seus traballos en contra do maltrato machista as alumnas e os alumnos tiveron como guieiro a procura da tridimensionalidade. As profesoras do Departamento de Debuxo trataban así de achegar tan grave problema ao público escolar de ESO e Bacharelato mediante o recurso ás tres dimensións, nunha tentativa (conseguida) de ir alén da superficie plana dos labores presentados en convocatorias doutros anos para adentrase noutro tipo de produtos artísticos. Ademais da instalación no vestíbulo do edificio O Ribeiro, o noso centro participou nos actos programados para ese día polo Concello de Ribadavia. Aquí quedan, para que busquedes os vosos, os traballos dos nosos alumnos de 2º 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato:
miércoles, 14 de diciembre de 2016
Prego de Oliver
O noso alumnado, neste curso en que as bibliotecas escolares son Territorio das Artes, acudiu a Ourense a visitar a exposición sobre o artista Manuel Prego de Oliver (1915-1986) na sala Afundación da capital. As explicacións e actividades programadas polo departamento de Debuxo aproximaron a figura e a obra deste pintor senlleiro ao noso alumnado de ESO.
Aproveitando a visita, desprazáronse ata a carpa instalada pola obra social de LaCaixa no Xardín do Posío para ver a exposición sobre Maxia e Ilusionismo, onde puideron experimentar varios trucos visuais deses cos que convivimos a cotío neste universo dominado pola imaxe e as pantallas.
Na sede de Afundación |
Atendendo as explicacións sobre o pintor |
Fixándose nos detalles |
Continúa a visita no andar inferior |
Alumnado de 3º de ESO |
Detalle da mestría de Prego |
A falta de mesas, ben está o piso... |
Foto de grupo cos de 3º de ESO |
Aproveitando a visita, desprazáronse ata a carpa instalada pola obra social de LaCaixa no Xardín do Posío para ver a exposición sobre Maxia e Ilusionismo, onde puideron experimentar varios trucos visuais deses cos que convivimos a cotío neste universo dominado pola imaxe e as pantallas.
Atentos á explicación sobre Maxia e Ilusionismo |
Como se constrúe unha ilusión óptica |
jueves, 17 de noviembre de 2016
As bibliotecas responden
O sitio web Hoja de router informa dunha curiosa iniciativa. Un grupo de profesionais de biblioteca responden preguntas dos cidadáns. Igual ca "googlear", pero con máis criterio e garantías. De feito, a xente acode a elas
cando xa esgotaron a vía de "preguntar" a Google e outras dese estilo. Este equipo de bibiotecarias de referencia responde cuestións de
todo tipo, con rigor e relativamente rápido. Pódenselle enviar as preguntas por correo electrónico ao
seu web (Pregunte: as bibliotecas responden) e tamén atenden vía chat. Parécenos
tan boa a proposta que pasamos a incorporala á nosa barra de webs preferidos, para que quede á man.
Prosit!
sábado, 12 de noviembre de 2016
Biblioteca de outono
O verán de outono xa vai alá. A entrada da biblioteca do edificio Abrente loce estes días unha decoración de outono. Debémoslla outravolta ao ánimo inquieto e incansable de Raquel, que preparou esas castañas e eses lumes que anticipan os magostos que encherán os montes de xente nova (e non tan nova) esta fin de semana de novembro.
Biblioteca castañeira |
Samaín 2016 (II)
Na sala de biblioteca do edificio O Ribeiro instalamos as cabazas que tallaron os rapaces e as rapazas de 2º de ESO. A mostra puido visitarse nos recreos do mércores 26, xoves 27 e venres 28. As tebras amolaban a lectura do xornal, as partidas de xadrez e o estudo, que houbo que trasladar neses días a outros espazos, pero o resultado foi ben lindo. Velaquí vos deixamos unha selección de fotos, un a xeito de "Álbum de familia" das cabazas expostas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)