jueves, 17 de noviembre de 2016

As bibliotecas responden



O sitio web Hoja de router informa dunha curiosa iniciativa. Un grupo de profesionais de biblioteca responden preguntas dos cidadáns. Igual ca "googlear", pero con máis criterio e garantías. De feito, a xente acode a elas cando xa esgotaron a vía de "preguntar" a Google e outras dese estilo. Este equipo de bibiotecarias de referencia responde cuestións de todo tipo, con rigor e relativamente rápido. Pódenselle enviar as preguntas por correo electrónico ao seu web (Pregunte: as bibliotecas responden) e tamén atenden vía chat. Parécenos tan boa a proposta que pasamos a incorporala á nosa barra de webs preferidos, para que quede á man. Prosit!


sábado, 12 de noviembre de 2016

Biblioteca de outono

O verán de outono xa vai alá. A entrada da biblioteca do edificio Abrente loce estes días unha decoración de outono. Debémoslla outravolta ao ánimo inquieto e incansable de Raquel, que preparou esas castañas e eses lumes que anticipan os magostos que encherán os montes de xente nova (e non tan nova) esta fin de semana de novembro

Biblioteca castañeira
 

Samaín 2016 (II)

Na sala de biblioteca do edificio O Ribeiro instalamos as cabazas que tallaron os rapaces e as rapazas de 2º de ESO. A mostra puido visitarse nos recreos do mércores 26, xoves 27 e venres 28. As tebras amolaban a lectura do xornal, as partidas de xadrez e o estudo, que houbo que trasladar neses días a outros espazos, pero o resultado foi ben lindo. Velaquí vos deixamos unha selección de fotos, un a xeito de "Álbum de familia" das cabazas expostas. 




















Samaín 2016

A sala de biblioteca do edificio Abrente está en pleno expurgo, pero iso non impediu que tamén a ela chegase o Samaín. A decoración ocupou o vestíbulo de acceso á sala dos libros, e houbo cabazas de cartolina, cabazas iluminadas (deseñadas sobre lámpadas de papel) e tamén unha pequena mostra de libros relacionados coa data. Finalmente, non puidemos instalar, como estaba previsto, cabazas talladas polo alumnado, pero para o ano que vén seguro que atopamos xente con ganas de participar e si podemos. A decoración correu a cargo da compañeira Patricia, que este curso escolar, en colaboración con Raquel, está defendendo a trincheira bibliotecaria do edificio de arriba. 

Exterior da conserxería

Entrada á biblioteca

Detalle das cabazas-lanterna

Os libros do Samaín

Máis cabazas