miércoles, 25 de enero de 2017

Día de Rosalía

A Asociación Galega de Escritores en Lingua Galega (AELG) envía a súa proposta de actividades para celebrar, o próximo 24 de febreiro, o Día de Rosalía 2017. Podes consultar o programa completo aquí. O manifesto deste ano sairá da man de Ledicia Costas, esa ilustre representante da Xeración da Esperanza que visitou o IES O Ribeiro na pasada fin de curso e tan bo recordo deixou entre nós.

viernes, 20 de enero de 2017

Día da Paz



A incansable Patricia desde a trincheira do edificio Abrente adiantouse a todos unha vez máis para nos lembrar a inminente chegada do Día da Paz. 


Pombas no vestíbulo do edificio Abrente
No vestíbulo do edificio O Ribeiro os alumnos de Debuxo e Educación Plástica e Visual dispuxeron os traballos que elaboraron para a celebración. 

Vestíbulo do edificio O Ribeiro
 

Ano Casares



O Día das Letras deste ano vai dedicado, como sabedes, ao gran Carlos Casares. David, o noso compañeiro responsable do Equipo de Dinamización Lingüística púxose xa mans á obra e coa chegada do ano novo, xusto á volta das vacacións de Nadal, comezou a instalar polas paredes do centro unha escolma de relatos breves do autor de Vento ferido, aqueles textiños que durante anos, e desde as páxinas de La Voz de Galicia, achegaron a ficción en galego a milleiros de persoas ao longo do país. O aspecto da instalación é simple, case como se unha alumna pegase por conta propia un texto na parede, pero funciona. 




Nadal (e II)



O traballo coordinado para o Nadal polo departamento de Debuxo xogou este ano coa tridimensionalidade e coa mestura de elementos reais e figuración engadida. Paga a pena resaltar a presenza maxestosa de dous grandes abetos pintados en branco e negro nos que se xogaba coa procura da tridimensionalidade sobre a base dunha composición bidimensional.

Xogando coa tridimensionalidade



Outro dos produtos elaborados polo alumnado foron un conxunto de obxectos de base xeométrica que instalaron no vestíbulo e que combinaban o leit motiv do xogo entre dimensións nun contraste intencionado en que se integraba a base orgánica da figura e as cores do Nadal en harmonía co fondo. 

Formas de Nadal

Volume e xeometría


As postais, que como sabedes se elaboran cada ano e entre as que se escolle a que se remitirá como presente do centro no próximo Nadal exploraron a combinación xa mencionada entre o figurado e o real. Sobre a base dunha fotografía real os alumnos e alumnas incorporaban figuras relacionadas co Nadal. 

As árbores coas postais do concurso