miércoles, 8 de marzo de 2017

Ano Casares (II)

O noso coordinador do equipo de dinamización lingüística segue colocando artigos da serie "Á marxe" no vestíbulo do centro. Non os colgaremos todos, pero si iremos dando noticia dalgúns deles. 

 

Día da muller

Vimos estes dous vídeos, dúas propostas interesantes pensadas e feitas en Galicia para o 8 de marzo, e e quixemos subilos. O primeiro é unha idea de Carme Adán e realización de Ana Ojea Alonso, e o segundo é unha reunión de oito voces galegas: Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Pilocha, Carmen Rey, Belem Tajes, Silvia Penide e Sonia Lebedinsky interpretan (letra e música son dela) unha peza composta por Alba María.
O compañeiro David, do EDLG, preparou este material para o día, lembrando a asimétrica presenza de mulleres na Real Academia Galega, aquela que se criticaba hai ben anos (en 2012!) no manifesto O xogo das cadeiras.

As académicas da Galega lembradas no día da muller

As sete magníficas

Día de Rosalía

O noso compañeiro David, que tamén coordina o Equipo de Dinamización Lingüística, preparou esta composición que recibe as e os visitantes do edificio O Ribeiro no vestíbulo. O exercicio de identificar as palabras substituídas tiña o seu aquel e deu problemas a máis dalgún profesor.

Imaxes e xogos de letras para Rosalía
Alguén che atopou os cambios, profe?