Estas son as nosas
recomendacións lectoras para este verán. Ningunha delas debería, con todo, privarvos
do selecto pracer de vos encamiñar a unha libraría e, despois de fedellar entre
as mesas de novidades, marchardes para a casa coa vosa propia e arriscada
escolla literaria.
1. Emma Pedreira, Bibliópatas
e fobólogos (Editorial Galaxia).
Unha divertida
recompilación de historias breves onde prima o xogo metaliterario e o humor
dunha autora que seguimos como poeta e aquí nos propón un fresco e suxestivo
artefacto literario moi bo de ler.
2. Ana Cabaleiro, Sapos
e sereas (Editorial Galaxia).
Repetimos editorial
para recomendar esta revisitación dalgúns “contos” deses que nos acompañaron
desde cativas e seguen, non sempre de maneira consciente, alentando alá no
fondo das nosas percepcións do mundo.
3. Ray Loriga, Rendición (Alfaguara)
Esta fábula “sobre
o desterro, a perda, a paternidade e os afectos” que levou o premio Alfaguara
2017 pode servirlles ás mozas e aos mozos do Ribeiro de porta de entrada na
obra de Ray Loriga.
4. Celso Castro, Sylvia (Destino).