sábado, 15 de octubre de 2016

As fillas bravas




As fillas bravas en escena

As alumnas escolleron Chévere. E alá marchamos. En festivo (12 de outubro). E en horario de adultas, como nos presta. Este “ traballo de investigación sobre os papeis da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego” cativou o público. Mesmo ao público de bacharelato que nós eramos. A proposta valente destas tres “cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos” chegou e entendeuse. De feito, a súa denuncia dos padecementos ‒e reivindicación das fortalezas‒ da muller galega do rural resultou máis clariña e efectiva que moitos discursos feministas impostores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario