viernes, 20 de enero de 2017

Nadal (e II)



O traballo coordinado para o Nadal polo departamento de Debuxo xogou este ano coa tridimensionalidade e coa mestura de elementos reais e figuración engadida. Paga a pena resaltar a presenza maxestosa de dous grandes abetos pintados en branco e negro nos que se xogaba coa procura da tridimensionalidade sobre a base dunha composición bidimensional.

Xogando coa tridimensionalidade



Outro dos produtos elaborados polo alumnado foron un conxunto de obxectos de base xeométrica que instalaron no vestíbulo e que combinaban o leit motiv do xogo entre dimensións nun contraste intencionado en que se integraba a base orgánica da figura e as cores do Nadal en harmonía co fondo. 

Formas de Nadal

Volume e xeometría


As postais, que como sabedes se elaboran cada ano e entre as que se escolle a que se remitirá como presente do centro no próximo Nadal exploraron a combinación xa mencionada entre o figurado e o real. Sobre a base dunha fotografía real os alumnos e alumnas incorporaban figuras relacionadas co Nadal. 

As árbores coas postais do concurso

No hay comentarios:

Publicar un comentario