viernes, 20 de enero de 2017

Sicixia



Estrearon estes días a película Sicixia. Se cadra vistes os carteis nos valados que a anuncian nas beiras das estradas. Ignacio Vilar (non confundir co outro Villar, o Domingo da novela Ollos de auga), coñecido por filmes como Pradolongo (2008), Vilamor (2012) ou A esmorga (2014), lévanos desta volta ata a Costa da morte para nos contar a historia de amor entre Xiao, técnico de son, e Olalla, a moza que lle fai de guía. A procura de sons leva a parella por recunchos naturais de enorme presenza e fortaleza. Como afirma X. M. Lema, un ambiente (“desde o dos viraventos do Pico de Meda ás fortes refoladas do cabo Vilán, ou ó das ondas premonitorias da marusía da boca da Buserana”) que actúa como un protagonista máis nesta interesante proposta audiovisual que o cinema galego lanza ao mundo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario