martes, 14 de junio de 2016

Día da Paz


Os traballos con motivo do Día da Paz adoptaron este curso escolar a forma de elaboracións artísticas de gran formato e conseguida plasticidade. Sobre unha base de papel craft pegáronse unha serie de fotos ilustrativas de diferentes problemas domésticos aos que se teñen que enfrontar a diario os menores que habitan en zonas de guerra e, en xeral, en calquera país pobre do hemisferio Sur. A intervención consistía en que os rapaces e as rapazas tiñan logo que matinar como completar a composición orixinal, engadindo aqueles elementos que botaban a faltar no escenario que en cada caso servía de base. Aspectos que non se discuten en calquera país desenvolvido do noso próspero Norte, como auga potable saíndo dunha billa, a compañía humana doutros semellantes, os obxectos que enchen un espazo escolar (libros, cadernos, lapis, bolígrafos, pupitres...) serviron de vehículo para os alumnos e as alumnas reflexionaren sobre o contraste entre a realidade que habitan e aqueloutra ben distinta na que se ven obrigados a desenvolverse outros mozos e mozas coma eles noutras partes do mundo. 

Vista xeral da montaxe
O Sur tamén existe

Xogar ou traballar
A auga, un problema

No hay comentarios:

Publicar un comentario