domingo, 19 de junio de 2016

Tertulias literarias (II)



O noso segundo desprazamento ao Liceo de Ourense foi para asistir a un programa dobre. Na primeira parte da sesión, unha tertulia sobre A derradeira novela de Emma Olsen, de Berta Dávila (Ed. Galaxia). A conversa colleunos máis expertas e gozamos aínda máis que a outra vez do debate literario coas compañeiras doutros centros e non só porque a organización nos agasallou con amorodos. A continuación, subimos ao salón nobre da institución para o coloquio coa autora. Berta Dávila estivo próxima, amena e ben divertida e o certo é que o pasamos ben. Ao final, formouse unha longa ringleira para conseguir que nos asinase os libros, pero despois dunha espera que se fixo curta, conseguimos as nosas dedicatorias. Puñamos o ramo desta maneira á nosa primeira participación nas Tertulias Literarias do Liceo de Ourense, unha iniciativa do Concello de Ourense na que tamén participa a Deputación Provincial que resultou unha experiencia ben interesante para nós.


Cartel da segunda xornada 
 
Con Berta Dávila

No hay comentarios:

Publicar un comentario