domingo, 19 de junio de 2016

Visita de Anna Turbau



Sen dúbida, esta visita foi un dos momentos máis emocionantes do curso, e por ese motivo quixemos incluíla neste blog que aínda está dando os seus primeiros pasos.  Dentro do programa de actividades do Día da Muller, acudiu ao noso centro a fotografa catalá Anna Turbau, unha actividade que contou desde o primeiro momento coa partipación entusiasta do equipo da biblioteca. Esta é a crónica do acto que preparou Esther, a profesora de Inglés, mediadora e principal responsable desta actividade:
"O día 8 de marzo, en Conmeración do Día da Muller, tivemos a honra e o pracer de contar coa visita da fotoxornalista catalana Anna Turbau, que veu acompañada do seu home, o director de cine e documentalista Lorenzo Soler.
Esta muller innovadora, loitadora e vital é xa referencia dos comezos do fotoxornalismo en España. Durante a súa estadía en Galicia na Transición transmitiu ao mundo unha mirada particular e comprometida, demoledora e convulsa dunha Galicia ata entón esquecida, pero tamén reivindicadora e traballadora. 
Recibímola no instituto cun vestíbulo ateigado de arte no que poidemos admirar unha composición adicada á fotógrafa a modo de cartel, un resumo da extensa biografía da autora e dúas exposicións paralelas. Unha cedida pola propia artista, na que poidemos contemplar 25 impresionantes fotografías que amosaban sobre todo historias de mulleres que loitaron por sobrevivir nunha Galicia difícil introducidas dun texto no que a propia Anna Turbau fai un reconto da súa experiencia deses anos en Galicia.
A segunda exposición foi un breve reconto das mellores fotografías presentadas polo alumnado do centro para o Concurso de Fotografía promovido polo Departamento de Plástica que a fotógrafa poido tamén contemplar e desfrutar.
Os alumnos de 4º ESO, 1º e 2º Bach e do Grupo de Adultos seguiron moi atentos a conferencia e explicación dalgunhas das mellores fotografías da autora que rematou cun coloquio final con preguntas.
A pegada da súa visita quedará xa sempre no IES O Ribeiro."
E estas son algunhas das imaxes do evento:

Cartel anunciador  
Fotos da autora. Ao fondo, fotos do alumnado
Exposición de fotografías do alumnado
Detalle das fotografías do alumnado
 
Exposición fotográfica de Anna Turbau    

No hay comentarios:

Publicar un comentario