martes, 14 de junio de 2016

Día Internacional en contra da violencia de xénero


 

O día internacional en contra da violencia machista constitúe unha das datas máis significadas do noso calendario escolar, e desde a biblioteca colaboramos nas actividades que se convocan. Diversos traballos e accións ocupan os estudantes dos distintos niveis educativos. Os de 1º de ESO realizaron este ano unha interesante actividade de intervención plástica: O Caderno das Solucións, no que cada alumno ten que plasmar con debuxos propios unha posible solución ou un aspecto que para el sexa  relevante sobre os aspectos da violencia machista analizados previamente na aula.

Pola súa banda, o alumnado que asistiu á sala da biblioteca nos dous recreos do 25 de novembro puido contemplar unha escolma de anuncios e curtametraxes (entre eles, o coñecido El orden de las cosas) directamente relacionadas con tan delicado problema social.

Exposición no vestíbulo


 
O caderno das solucións
 
1º premio categoría 1º ESO
 
1º premio categoría 2º ESO
 
1º premio categoría Bacharelato

No hay comentarios:

Publicar un comentario