domingo, 19 de junio de 2016

Visita de Ledicia Costas



Queriamos deixar constancia neste blog da visita da escritora Ledicia Costas ao noso centro. O alumnado de 2º e 3º de ESO do noso centro e o de 2º de ESO do CPI Tomás de Lemos gozou o luns 30 de maio dun encontro coa autora Ledicia Costas nunha actividade organizada polo Seminario de Lingua Galega e Literatura, en coordinación (que ben agradecemos) co Seminario de Lingua Galega e o Departamento de Dinamización Lingüística dos veciños do CPI, actividade que contou ademais coa presenza da concellala de Cultura do Concello de Ribadavia, que acudiu gustosa a acompañar a autora na súa visita ao noso centro. Esta brillante persoeira da chamada «Xeración da Esperanza», gañadora do Premio Nacional de Literatura 2015 pola súa xenial Escarlatina, a princesa defunta compartiu coas súas lectoras e os seus lectores do Ribeiro impresións e pareceres arredor da lectura de Recinto gris. Tivo ademais un encontro co grupo de lectura de 1º de bacharelato, admiradores da súa novela O corazón de Xúpiter

Ledicia Costas asinando orixinais de Recinto gris

No hay comentarios:

Publicar un comentario