domingo, 19 de junio de 2016

Tertulias literarias (I)



O xoves 7 de abril, asistimos, entre nerviosas e ilusionadas, á primeira sesión do programa de Tertulias literarias do Liceo de Ourense. A novela que nos congregaba era a da convocatoria de castelán (cada ano lese unha novela en castelán e outra en galego), neste caso a tradución de La ley del menor, de Ian McEwan. Chegamos un pouquiño antes e aproveitamos a visita para coñecer algúns recantos do maxestoso edificio que alberga o Liceo, e durante algúns instantes sentímonos no século XIX (ou para alá máis atrás). O debate sobre a novela, con compañeiros lectores e compañeiras lectoras de varios institutos da provincia, tivo momentos de interese, aínda que tamén nalgunha ocasión, ao sermos moitas, o intercambio resultou unha miga difícil. Con todo, o balance do paquete completo (lectura+visita ao Liceo+tertulia literaria) resultou ben, positivo. Volveremos, ben seguro que si (para o mes de maio, se temos que ser exactas).

Foto de grupo no Liceo de Ourense
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario