martes, 14 de junio de 2016

Verbas limiares


O blog que hoxe inicia a súa andaina é unha dorna que botamos ao mar cibernético para continuar a viaxe que outros e outras iniciaron hai anos na biblioteca do noso centro. O nome do novo espazo (ONOVOTOBO = o novo tobo) escolleuse como explícito recoñecemento a aquel inicial O tobo do Ribeiriño. Queremos dedicar tamén unhas palabras nesta primeira entrada a Trafegando ronseis, o espléndido blog de Gracia Santorum, antiga profesora no noso centro e colaboradora nesta Biblioteca do IES O Ribeiro, pois a súa bitácora mostra día a día, entrada a entrada, as posibilidades que ofrece este soporte dixital á hora de dar cobertura e acompañar o labor cotián dos equipos de biblioteca. Finalmente, queremos agradecer a J. M. Fernández a súa xenerosa asesoría informática, pois sen el esta estrea non sería posible. NOTA: Esta primeira serie de entradas é unha escolma dos diferentes traballos nos que este equipo de biblioteca participou ao longo do curso 2015-2016. A data de todas elas é “xuño de 2016” porque foi neste mes cando se subiron, logo dun ano almacenando información e buscando axuda técnica para a botadura deste ONOVOTOBO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario