domingo, 19 de junio de 2016

Día do libro



Este ano, o lema «Leo, leo, que les?» acompañou a actividade principal que se desenvolveu no instituto para celebrar, en datas próximas ao vinte e tres abril, o Día do Libro. Coordinado polas profesoras de Educación Plástica e Visual, o alumnado confeccionou unhas composicións gráficas na que se representaban figuras de persoas a ler. Tratábase, despois, de que o público fose capaz de adiviñar o título da lectura tomando como base as imaxes que saían de cada un dos libros. A actividade permitiu tamén ofrecer á comunidade educativa un mosaico de lecturas dos estudantes diferentes das marcadas pola obrigatoriedade académica. Algunhas destas lecturas foron Alicia no país das marabillas, As crónicas de Narnia, Bodas de sangre, O principiño, Pel de lobo, Bajo la misma estrella, Harry Potter, Ciudades de papel ou Palmeras en la nieve.

Plano xeral

Obra de 1º de bacharelato

Kafka e a boneca viaxeira

Ler é soñar

No hay comentarios:

Publicar un comentario